lunes, 5 de noviembre de 2007

As Cinemas de Kandaharia e ALUME.

Invitamosvos a participar na actividade organizada pola Cova da Terra "As Cinemas de Kandaharia" na que está invitada a Asociación Alume. Poremos o noso graniño de area na programación coa proxección da Película Elling á que acompañará un posterior coloquio que coordinaran Soledad López Ares e Cristina Barreiro González, ambas membros da Xunta Directiva da Asociación.
Será o día 9 de novembro, venres, as 20:00 h na Tenda de Comercio xusto A Cova da Terra na rúa Noreas nº 12.
Participade na iniciativa, será un novo espacio para falar sobre a problemática das persoas con enfermedades mentais.
Para máis información sobre a actividade das "Cinemas" podedes consultar a páxina da Cova da Terra http://www.covadaterra.org/ e sobre a película proposta por ALUME, Elling, tedes un enlace no noso Blog.

No hay comentarios: