viernes, 30 de noviembre de 2007

CAPACIDADES DIFERENTES. MUSEOS SEN LÍMITES

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

Rede Museística Provincial de Lugo.

Hoxe 30 de novembro de 2007, vaise desenvolver no Museo Provincial de Lugo unha xornada que, baixo o título CAPACIDADES DIFERENTES. MUSEOS SEN LIMITES, está dirixida a mellorar algúns aspectos da formulación museográfica dos museos que integran a Rede Museística Provincial. Esta xornada, pretende ser tamén un foro de reflexión e debate sobre a relación dos museos cos colectivos de capacidades diferentes, co obxecto de conquerir unha maior interacción de todos os sectores implicados.

Nesta xornada, tamén colabora Alume, representada pola súa presidenta, Cristina Barreiro González que participará nunha táboa redonda, de 18:30 a 19:30, xunto con outros representantes doutras asociacións.

Dende aquí vos invitamos a participar, xa que creemos que pode ser moi interesante. Se queredes máis información sobre o programa da Xornada, podedes consultalo no seguinte link;

http://www.museolugo.org/novas/docs/XornadaCapacidadesDiferentes.pdf


lunes, 5 de noviembre de 2007

As Cinemas de Kandaharia e ALUME.

Invitamosvos a participar na actividade organizada pola Cova da Terra "As Cinemas de Kandaharia" na que está invitada a Asociación Alume. Poremos o noso graniño de area na programación coa proxección da Película Elling á que acompañará un posterior coloquio que coordinaran Soledad López Ares e Cristina Barreiro González, ambas membros da Xunta Directiva da Asociación.
Será o día 9 de novembro, venres, as 20:00 h na Tenda de Comercio xusto A Cova da Terra na rúa Noreas nº 12.
Participade na iniciativa, será un novo espacio para falar sobre a problemática das persoas con enfermedades mentais.
Para máis información sobre a actividade das "Cinemas" podedes consultar a páxina da Cova da Terra http://www.covadaterra.org/ e sobre a película proposta por ALUME, Elling, tedes un enlace no noso Blog.